PasapalabraVersión en línea

Pasapalabra sobre Francisco Fernández del Riego.

por Joel Amorín
A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z

Empieza por A

Nome do pseudónimo co que Francisco adoitaba escribir.

Empieza por B

Onde se emitiron os programas Galicia desde Londres, que foron coordinados maiormente por Francisco? Pista: Organizou esta colaboración coa axuda de Leuter Salgado, no ano 1947, e foi o primeiro programa radiado en galego.

Empieza por C

Cal é o nome da obra coa que gañou o concurso literario da Federación de Sociedades Galegas de Bos Aires? Pista: Gañouno o mesmo ano que foi detido por primeira vez (1947).

Empieza por D

Conmemoración que instaura a Real Academia Galega o 17 de maio de 1963 por iniciativa de Francisco.

Empieza por E

Quen foi a muller coa que Francisco compartiu a súa vida? Pista: Casáronse no ano 1940.

Empieza por F

Á parte de estudar Dereito, que outra carreira estudou Francisco? Pista: Comenzou a estudala ao regresar á capital galega, despois de estudar na Universidade de Madrid.

Empieza por G

Nome da revista que xorde da iniciativa da Editorial Galaxia, a cal Francisco dirixiu en colaboración con Ramón Piñeiro durante os seus primeiros cen números. Pista: Comezou a súa publicación no 1951, pero foi prohibida no ano seguinte. Foi no 1963 cando se volveu por en marcha. O mesmo Francisco participou asiduamente con artigos e recesións literarias nela.

Contiene la H

Nome do xornal no que, xunto con Xaime Illa Couto no 1949, puxo en marcha un suplemento sabatino, que rescataba o mellor dunha intelectualidade galega silenciada.

Contiene la I

Nome popular da praza onde tivo un busto no seu recordo Pista: O seu propio nome é o nome real da praza.

Empieza por J

(Non existe).

Empieza por K

(Non existe)

Empieza por L

Nome do discurso que pronunciou, en representación do estudantado, na apertura do curso académico 1933-34 da Universidade de Santiago, co que reclamaba a galeguización da institución.

Empieza por M

Cal foi o ano no que Francisco acada a presidencia da Real Academia Galega?

Contiene la N

Onde estudou o Bacharelato superior na sección de letras? Pista: Estudouno no Colexio dos Escolapios.

Contiene la O

Cal é o nome da institución mundial á que Francisco enviou un informe denunciando a persecución do réxime franquista á lingua galega, para procurar a súa solidaridade? Pista: Enviouno xunto con Illa Couto e Ramón Piñeiro, no ano 1952.

Empieza por P

Forza política de esquerda que aparece no 1964, na que Francisco se integra e chega a ser Secretario Xeral, con Manuel Beiras como dirixente. Pista: Pertenceu a ela ata 1978.

Contiene la Q

Amizade que marca a súa infancia, á que coñece no Instituto de Lugo. Pista: Escribiu Merlín e familia.

Contiene la R

Que cargo adquiriu na Federación de Mocidades Galeguistas no ano 1933?

Empieza por S

Cal foi o pseudónimo co que asinaba na revista do Centro Galego de Bos Aires a crónica mensual titulada Galicia cada trinta días? Pista: Exerceu como correspondente desta institución dende 1949, e enviou a crónica por encargo de Luís Seoane.

Contiene la T

Nome da institución que sancionou a Francisco na Guerra Civil española, que o levou a manterse agochado durante un tempo.

Empieza por U

Nome do discurso co que ingresou na Real Academia Galega en novembro de 1960.

Empieza por V

Onde nace Francisco na mañanciña do 7 de xaneiro de 1913? Pista: É unha vila luguesa.

Empieza por W

(Non existe).

Contiene la X

Nome da Editorial fundada o 25 de xullo do 1950, da que foi un dos principais artífices xunto con Ramón Piñeiro e Xaime Illa Couto. Pista: Francisco ocupou primeiro a secretaría do Consello de Administración da Editorial e despois foi o seu director-xerente.

Empieza por Y

(Non existe).

Contiene la Z

Cal é o nome da Fundación creada en 1963 coa que se inaugura en Vigo a súa biblioteca, da que Francisco foi director ata meses antes de falecer? Pista: Foi a primeira biblioteca da cidade.