Para achegarse ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, 2022.
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Comeza por
A
Mes no que nace o autor.
Comeza por
B
Clase social á que pertencía a súa familia.
Comeza por
C
Así define á lingua daqueles que renuncian a falar galego e se pasan a falar un castelán mal falado.
Comeza por
D
Segundo nome do autor a quen Florencio dedicou poemas en O soño do guieiro.
Comeza por
E
Título dun poema no que ensalza a tradición, incluído en Cantarenas de Galicia infinda.
Comeza por
F
Localidade de Estados Unidos na que faleceu o escritor.
Comeza por
G
Partido no que ingresa en 1933.
Comeza por
H
Corrente vangardista que cultivou o autor na que exaltaba a natureza e personificaba e humanizaba a paisaxe.
Comeza por
I
Nome do equipo de fútbol no que xogou o autor en Córgomo.
Comeza por
L
Motor económico da comarca de valdeorras.
Comeza por
M
Traballo galego que se realizaba polo verán e que poetiza en Cantarenas de Galicia infinda.
Comeza por
N
Pseudónimo que utiliza nas composicións publicadas na obra colectiva, Cancioneiro de loita galega (1943).
Comeza por
O
Primeiro apelido do autor da Xeración Nós a quen admiraba Florencio e a quen lle dedica un poema en Valdeorras de Galicia infinda.
Comeza por
P
Localidade portuguesa na que viviu un tempo logo do Golpe de Estado de 1936
Contén
Q
No poema Falan castelán, persoas que provocan a castelanización da sociedade.
Comeza por
R
Apelido do músico valdeorrés que en 2004 publicou Fronteira de cegoñas, con once poemas de Florencio.
Comeza por
S
Colección da editorial Galaxia na que se publica, Galicia infinda.
Comeza por
T
Nome dunha famosa casa compostelá á que alude no poema Morelia, en Poemas mexicanos de Galicia infinda.
Contén
U
Tarefa a que se dedicou e axudou á normalización da lingua galega.
Comeza por
V
Nome do epígrafe baixo o que se recompilan poemas de Galicia infinda e que xa empregara Rosalía en Follas Novas
Contén
X
Nome do galeguista fusilado a quen Florencio lle escribe un romance.
Contén
Z
Galegos, cataláns e vascos participaban neste proxecto cultural.
|