Comezo de cursoVersión en línea

Repasamos vocabulario que non deberiamos ter esquecido.

por Mar HP
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z

Comeza por A

Sala destinada ao desenvolvemento das clases nun centro de ensino.

Contén B

Conxunto de follas de papel ou outro material semellante que, encadernadas, forman un volume.

Comeza por C

Carpeta grande na que se gardan papeis, documentos etc. Ten varios apartados.

Contén D

Conxunto de follas de papel, unidas de diversas formas, que se utilizan para escribir nelas.

Comeza por E

Persoa que estuda.

Contén F

Instrumento que utilizamos para escribir e contén unha barra con tinta que pode ser de diferentes cores.

Comeza por G

Instrumento que utilizamos para eliminar algo que escribimos ou debuxamos mal.

Comeza por H

Distribución entre as horas do día do tempo que hai para realizar algunha cousa.

Contén I

Bolsa que se leva ao lombo, colgada dos ombreiros.

Comeza por L

Instrumento para escribir, debuxar ou pintar.

Comeza por M

Rama do saber que é obxecto de estudo escolar.

Contén N

Cadro, de diferentes materiais, que se usa normalmente nos institutos para escribir ou debuxar.

Contén O

Tempo de lecer entre clases.

Contén P

Veneración, aprecio e recoñecemento por unha persoa ou cousa.

Contén Q

Grupo de persoas unidas para realizar unha tarefa común.

Comeza por R

Instrumento en forma de listón longo e estreito que se utiliza para trazar liñas rectas.

Contén S

Instrumento con que se lles fai ou aguza a punta aos lapis.

Comeza por T

Instrumento para cortar que está constituído por dúas pezas cun só gume, unidas en forma de aspa por un eixe, arredor do cal xiran ao seren accionadas.

Comeza por U

Calidade que presenta un conxunto no cal se observa un acordo, un equilibrio entre os membros ou as partes que o forman.

Comeza por V

Toda a comunidade educativa debería ter xa as dúas doses deste antíxeno.

Contén X

Caixa ou funda especialmente disposta para gardar algunha cousa

Contén Z

Sentimento de afecto e confianza entre amigos.