Crear juego
Jugar Ruleta de Palabras
A
B
C
D
E
F
G
H
I
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Comeza por  
A
Conxunto das letras dun idioma postas en orde.
Comeza por  
B
Tea que se pon aos bebés no peito para que non se manchen ao comer.
Comeza por  
C
Parte superior do corpo que está sobre o pescozo.
Comeza por  
D
Acción de descansar que facemos polas noites ou na sesta, cos ollos pechados, sen darnos conta de nada.
Comeza por  
E
Período durante o que se celebran festas populares con máscaras, comparsas, bailes etc.
Comeza por  
F
Aumento da temperatura do corpo que temos cando estamos enfermos.
Comeza por  
G
Especie de pelota de goma, que se incha con aire, e que a veces os nenos/as levan flotando suxeito cunha corda.
Comeza por  
H
Aparello voador que se despraza no aire grazas a unha grande hélice colocada horizontalmente.
Comeza por  
I
Edificio destinado á reunión dos fieis cristiáns para o exercicio do culto da súa relixión.
Comeza por  
K
Entretemento que consiste en interpretar unha canción sobre un fondo musical gravado, mentres se vai lendo a letra nunha pantalla de vídeo.
Comeza por  
L
Satélite da Terra, de cor branco, que se ve pola noite.
Comeza por  
M
Tea que se pon nas mesas á hora de comer.
Comeza por  
N
Construción de palla, barro ou outros materiais, que fan as aves para poñeren os ovos e criaren.
Comeza por  
O
Órgano do sentido da vista. O que usamos para ver.
Comeza por  
P
Animal que vive na auga, cuberto de escamas, con aletas para nadar.
Comeza por  
Q
Bebida característica de Galicia que se fai queimando augardente e azucre ata que se consome gran parte do alcohol, á que se lle poden engadir outros ingredientes, como grans de café, anacos de froita, etc..
Comeza por  
R
Conxunto de animais, polo xeral ovellas ou cabras, que viven xuntos.
Comeza por  
S
Ferramenta agrícola utilizada para sachar, que varía de forma e de tamaño segundo os lugares.
Comeza por  
T
Recipiente de metal ou de barro en forma de cilindro, con tampa, que se usa para facer a comida.
Comeza por  
U
Parte dura que está na punta do dedos, que cortamos cando medra e pódese pintar.
Comeza por  
V
Estación máis calorosa do ano, que segue á primavera e precede ao outono.
Comeza por  
X
Aparello de madeira constituído por varias pezas ao que se suxeita, polo pescozo ou pola cabeza, unha parella de animais de tiro para enganchalos ao carro ou ao arado.
Comeza por  
Z
Calzado rústico dunha soa peza, enteiramente de madeira, que leva tacos ou chatolas para evitar a humidade e se calza sobre os pés protexidos por carpíns, zapatillas etc.