Árbore da familia das fagáceas, propia do clima mediterráneo, de folla perenne e madeira dura e compacta, co tronco robusto de cortiza escura, que ten como froito a landra. É a árbore máis senlleira da Serra da Enciña da Lastra.
Empieza por
B
Árbore da familia das betuláceas de mediana altura, follas pequenas co bordo dentado e rematadas en pico, cortiza branca ou prateada e copa irregular, que se atopa na beira dos ríos e nas zonas húmidas das rexións de clima frío ou temperado.
Empieza por
C
Animal mamífero da familia dos bóvidos, de pelo curto e áspero, cornos curvos cara a atrás e rabo moi curto, capaz de gabear por sitios abruptos.
Empieza por
D
Terreo extenso, poboado de árbores non moi mestas, normalmente valado ou cercado. A mellor fraga do Courel é a D... da Rogueira
Empieza por
E
Arbusto espiñoso da familia das rosáceas do que existen diversas especies, con froito non comestible, que se utiliza para enxertar pereiras e maceiras.
Empieza por
F
Extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies de árbores caducifolias, de herbas, mofos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna.
Empieza por
G
Cada unha das partes que saen do toro das árbores ou do talo das plantas e arbustos, das que nacen as follas, flores e froitos.
Empieza por
H
Calquera planta de talo tenro, xeralmente anual, da que existen numerosas variedades. Os campos de fútbol son de...
Empieza por
I
Pequeno animal invertebrado co corpo dividido en cabeza, tórax e abdome, de respiración traqueal, que sofre metamorfose no seu desenvolvemento e que posúe un par de antenas e tres pares de patas, e ás na maior parte das especies
Empieza por
L
Planta endémica do Xurés, da familia das iridáceas, de belas flores que poden ser brancas, violetas, azuis etc
Empieza por
M
Conxunto espeso de matas ou maleza.
Empieza por
N
Conxunto de todas as cousas e forzas que compoñen o mundo físico, especialmente todo o que existe sen intervención do home e que forma o medio onde este e o resto dos seres viven.
Empieza por
O
Mamífero carnívoro plantígrado da familia dos úrsidos, de gran tamaño, pelo abundante e mesto, orellas curtas e fociño longo, do que existen varias especies.
Empieza por
P
Comunidade vexetal (herbácea) densa e húmida, sempre verde, pero que pode experimentar un certo esgotamento estival.
Empieza por
Q
Nome científico das árbores coñecidas como carballos e cerquiños.
Empieza por
R
Flor da roseira, de cor branca, rosa, amarela ou vermella, e de recendo moi agradable.
Empieza por
S
Anfibio da orde dos anuros, do que existen varias especies, de patas curtas, pel rugosa e xeralmente de costumes nocturnos
Empieza por
T
Órgano dos vexetais, alongado e aéreo, que parte da raíz e sostén as follas e as flores.
Empieza por
U
Arbusto da familia das ericáceas do que existen varias especies moi comúns nos montes de Galicia de follas moi pequenas flores brancas ou malvas tamén miúdas e que alcanza ata os tres metros de altura segundo a variedade de que se trate.
Empieza por
V
Conxunto de vexetais dun lugar.
Empieza por
X
De orixe toponímica, é o nome dunha serra situada no suroeste da provincia de Ourense, entre Galicia e Portugal.