Crear actividad
Jugar Rosco de Palabras
A
B
C
D
E
F
G
H
I
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
X
Z
Comeza por  
A
Sentimento de afección, amizade, tenrura, simpatía etc., por alguén.
Comeza por  
B
Insecto que ten dous pares de ás de variadas e vistosas cores cando é adulto e un aparello bucal en forma de trompa que lle serve para chuchar o néctar das flores.
Comeza por  
C
Fungo que ten un pé ou talo rematado nunha especie de sombreiro, do cal existen varias especies que poden ser comestibles ou non.
Comeza por  
D
Equipo galego, campión de liga da primeira división de fútbol na tempada 99-00.
Comeza por  
E
Puro ou tradicional, algo tipicamente galego.
Comeza por  
F
Nome da persoa á que se lle adica este ano o Día das Letras galegas.
Comeza por  
G
Animal mariño, de dous a tres metros de lonxitude, segundo as especies, que ten as mandíbulas prolongadas e estreitas, cor gris, azul ou branca e a aleta dorsal curvada cara a atrás.
Comeza por  
H
Toda planta pequena, de talo tenro, que non bota troncos nin ten talos duros e leñosos. Principal alimento das vacas.
Comeza por  
I
Porción de terra rodeada de auga por todas partes. En Galicia destacan, por exemplo, a da Toxa, a de Sálvora, a de Arousa, a Pancha, etc.
Comeza por  
L
Momento do día, entre o día e a noite, en que a luz desapareceu case por completo e as cousas se perciben como sombras.
Comeza por  
M
Animal de cor rosada que vive nos terreos húmidos.
Comeza por  
N
Planta comestible, de raíz grosa e carnosa, da que se aproveitan, ademais da raíz, as nabizas e os grelos. É moi recoñecida pola súa calidade, a producida na zona de Lugo.
Comeza por  
O
Chuvia miúda.
Comeza por  
P
Molusco mariño sen cuncha, de corpo globoso e oito brazos ou tentáculos con dúas filas de ventosas.
Comeza por  
Q
Alimento que se obtén callando o leite e separando a parte líquida. Tamén fai referencia á parte da cara que está entre a boca e o pescozo.
Comeza por  
R
Nome da autora de Cantares Gallegos, cuxa data de publicación deu orixe á conmemoración do Día das letras galegas.
Comeza por  
S
Utensilio de labranza para remover a terra, que ten formas e tamaños diversos segundo os lugares e que pode ter ou non gallas na parte de atrás.
Comeza por  
T
Arbusto espiñento moi típico de Galicia. Ten follas alternas cando é novo, que logo son substituídas por espiñas verdes e flores amarelas.
Comeza por  
U
Graxa que envolve os intestinos dos animais, en particular a do porco, que se conserva curada ou no sal.
Comeza por  
V
Insecto do que a femia se asemella a un verme por carecer de ás e por ter o abdome de forma alongada, formado por aneis que emiten luz na escuridade.
Comeza por  
X
Insecto que se caracteriza pola súa forma arredondada, de cores vivas, xeralmente vermellos e con sete puntos negros.
Comeza por  
Z
Molusco parecido á vieira, pero de menor tamaño, xeralmente de tons marróns e de carne moi apreciada.