Inicia sesión
Crear juego
Tipos de juegos
Centro de ayuda
Game Pin
Noticias
Planes
Crear juego
Inicia sesión
Todos los juegos
Jugar Froggy Jumps
Imprimir Froggy Jumps
Elementos da paisaxe agraria
Autor :
Xosé Antón García González
1.
¿En que comunidade das citadas predomina máis a grande propiedade (latifundio)?
A
Castela e León
B
Comunidade Valenciana
C
Andalucía
2.
Un dos grandes problemas da agricultura en Galicia fai referencia á estrutura da propiedade...
A
En arrendamento
B
Latifundista
C
Minifundista
3.
A estrutura da propiedade de Estremadura e Andalucía
A
É consecuencia das Desamortizacións do século XIX
B
É unha herdanza histórica da Reconquista
C
É consecuencia da división xeración tras xeración das explotacións agrarias
4.
As explotacións agrarias intensivas caracterízanse por:
A
Febles rendementos e ausencia de barbeito
B
Ausencia de barbeito, aplicación de fertilizantes e forte produtividade
C
Forte produtividade, barbeito e ausencia de aplicación de plaguicidas
5.
A cerealicultura de secaño é propia...
A
De áreas de Galicia con forte concentración parcelaria
B
De áreas de campos abertos da submeseta Sur e Baleares
C
De áreas de campos abertos da submeseta Norte e Aragón
6.
¿Cal destes cultivos non é característico da horticultura mediterránea?
A
O trigo
B
Os tomates
C
Os amorodos
7.
A triloxía mediterránea de secaño está composta por:
A
Trigo, vide e maceira
B
Trigo, oliveira e millo
C
Trigo, vide e oliveira
8.
¿Cal destas paisaxes non é de regadío?
A
O cultivo baixo plástico do campo de Dalías (Almería)
B
Os cultivos hortofrutícolas da horta murciana
C
As vides en socalcos dos Arribes do Douro
9.
¿Cal destas paisaxes agrarias non é de montaña?
A
A ricicultura do delta do Ebro
B
A gandería transhumante dos vales asturianos
C
A silvicultura do eucalipto na comarca de Ortegal
10.
O hábitat característico da Meseta española é
A
O hábitat urbano intercalar
B
O hábitat espallado
C
O hábitat concentrado
11.
¿Cal destas afirmacións non é válida para a concentración parcelaria?
A
O tamaño das parcelas tende a reducirse
B
Redúcese o número de parcelas por propietaria/o
C
O tamaño das parcelas tende a incrementarse
12.
¿Cal é o sistema de tenza predominante hoxe en día en España?
A
Arrendamento
B
Propiedade
C
Parceiría
13.
O bocage é un tipo de paisaxe agraria tradicional...
A
Da España volcánica
B
Da España calcárea
C
Da España oceánica
14.
Os cultivos leñosos plurianuais non inclúen...
A
A vide
B
O trigo
C
A oliveira
15.
¿Cal destes aproveitamentos é máis característico da España mediterránea?
A
O cultivo da vide
B
O cultivo do aguacate
C
O cultivo da landa
16.
¿Cal dos seguintes é un cultivo industrial?
A
O da remolacha de azucre do S. de Gran Canaria
B
O do tabaco dos Pireneos
C
O da remolacha de azucre dos regadíos do Esla e Órbigo
17.
¿Que aproveitamentos ten a "dehesa"?
A
Forestal e gandeiro
B
Forestal, gandeiro e industrial
C
Forestal, agrícola e gandeiro
18.
¿Cal destas paisaxes non pertence á zona mediterránea continental?
A
Os campos de cereais da Submeseta N.
B
Os invernadoiros de amorodos de Huelva
C
A "dehesa" salmantina
19.
¿Cal dos seguintes é un exemplo de gandería intensiva?
A
As macrogranxas de bovino
B
As pequenas explotacións de carne de vacún da montaña cántabra
C
A gandería ovina transhumante
20.
¿Cal das seguintes paisaxes españolas foi potenciada pola CEE no momento de acceso (1986)?
A
A gandería láctea do Norte peninsular
B
A cerealicultura de secaño de Castela e León
C
A horticultura mediterránea
21.
¿Cal dos seguintes exemplos non é unha paisaxe de regadío?
A
O cultivo de vide das Rías Baixas
B
O cultivo do millo nas veigas do Guadiana
C
O cultivo de tomates baixo plástico de El Ejido
22.
¿Cal dos seguintes elementos non forma parte da paisaxe rural?
A
A silvicultura
B
Os bloques de apartamentos periurbanos
C
Os polígonos industriais rurais
23.
¿Que asociación de cultivo e rexión non é característica?
A
Trigo - Castela e León
B
Cítricos - Comunidade Valenciana
C
Plátanos - Andalucía
24.
¿A que CA pertence a D.O. (denominación de orixe) Valdepeñas?
A
Cantabria
B
Castela e León
C
Castela - A Mancha
25.
¿En cal das seguintes áreas é máis importante a gandería bovina extensiva?
A
Na España mediterránea
B
Nas illas Canarias
C
Na España húmida e de montaña