Crear actividad
Jugar Test
1. 
Cantas persoas con certificado de discapacidade por enfermidade mental hai en Galicia?
A.
Arredor de 10.000
B.
Arredor de 55.000
C.
Arredor de 1.000
D.
Arredor de 15.000
2. 
As persoas con esquizofrenia sempre consumen drogas?
A.
Si, xa que é o consumo de drogas o que provoca a enfermidade
B.
Non necesariamente, pero algunhas si
C.
O consumo de drogas e a esquizofrenia non teñen nada que ver
D.
Depende do tipo de esquizofrenia que teña a persoa
3. 
As enfermidades mentais provocan discapacidade intelectual?
A.
Non, non existe relación causal entre as dúas cousas
B.
Enfermidade mental e discapacidade intelectual son o mesmo
C.
Si, cando alguén ten unha enfermidade mental, sempre desenvolve unha discapacidade intelectual
D.
Depende do caso
4. 
As persoas con enfermidade mental poden traballar?
A.
Si, pero só poden facer algúns traballos
B.
Si, hai persoas con problemas de saúde mental que traballan en diversos ámbitos
C.
Si, pero sempre precisan apoios
D.
Non, nunca
5. 
Na infancia e na adolescencia existen problemas de saúde mental?
A.
Si, hai nenos con problemas de saúde mental de nacemento
B.
Si, xa que 3 de cada 4 persoas desenvolven a enfermidade antes dos 25 anos
C.
Si pero non é o máis habitual, xa que 3 de cada cada 4 persoas desenvolven a enfermidade despois dos 25 anos
D.
Non, as enfermidades mentais sempre aparecen en idade adulta