PASAPALABRA 4º PRIMARIAVersión en línea Faremos unha ruleta de palabras para 4º de Primaria. por Fátima Caramés Solla A B C D E F G H I L M N O P Q R S T U V X Z Comeza por A Xoguete de entretemento dos meniños e meniñas que ten boliñas e un pequeno mango. Comeza por B Insecto con dous pares de ás de variadas e vistosas cores. Comeza por C Mamífero carnívoro doméstico da familia dos cánidos. Comeza por D Os dedos dos pés. Comeza por E Reloxo que se emprega para espertar. Comeza por F Mestra de lingua galega do Martín Codax. Comeza por G Utensilio con tres ou catro pugas que serve para levar alimentos sólidos á boca. Comeza por H Instrumento musical de vento que consiste nunha caixiña con lingüetas vibrantes que soa escorregando os labios e soprando levemente. Comeza por I Alimento que consiste nunha variedade de leite callado sometido á acción dun fermento especial. Comeza por L Peza do vestiario para cubrir as mans. Comeza por M Ave rapaz nocturna de cor parda e con pintas brancas nas partes superiores. Comeza por N Bóla de fío enrolado. Comeza por O Pequeno mamífero co lombo e os lados cubertos de espiñas. Comeza por P Xoguete formado por unha tea ou un papel fixado nunha armazón que se eleva no aire debido á presión do vento. Comeza por Q Xogo que consiste en combinar e encaixar certo número de pezas ata formar unha figura. Comeza por R Mamífero carnívoro salvaxe cun rabo longo ao que lle gusta moito comer galiñas. Comeza por S Peza de vestir habitualmente feminina que parte da cintura e pode ser máis ou menos longa. Comeza por T Utensilio de cociña metálico de forma redonda no que se friten os alimentos. Comeza por U Órgano produtor de leite en forma de bolsa con varios tetos que teñen varios mamíferos femias. Comeza por V Instrumento formado por un pau que leva nun extremo unhas ramas dun material flexible e que se emprega para varrer Comeza por X Doce elaborado con auga, crema, zume de froita ou outros ingredientes mesturados e conxelados. Adoitamos tomalo no verán. Comeza por Z Instrumento musical de corda con teclado que funciona mediante manivela.