Crear actividad
Jugar Test
1. 
Sitúa no espazo e no tempo o nacemento da ópera
A.
Roma, finais do século XV
B.
París, finais do século XV
C.
Venecia, comezos do século XVIII
D.
Florencia, última década do século XVI
2. 
O grupo de intelectuais que se reunía para discutir sobre a arte e a cultura clásica de Grecia e Roma recibía o nome de...
A.
Quorum Musicali
B.
Camerata Fiorentina o Camerata Bardi
C.
Secundum Musicum
3. 
A Camerata Fiorentina descubriu que as antigas traxedias gregas...
A.
eran cantadas en polifonía, como no Renacemento
B.
eran totalmente faladas, como no teatro
C.
eran cantadas a unha soa voz, declamando libremente
4. 
O conde Bardi e os seus compañeiros crearon o estilo recitativo, que consiste en...
A.
Un diálogo falado entre as personaxes, sen acompañamento instrumental
B.
Establecer unha melodía vocal declamada libremente, cun sinxelo acompañamento instrumental
C.
Establecer dúas ou tres melodías vocais entonadas en polifonía, cun ritmo moi marcado e cun sinxelo acompañamento instrumental
5. 
Cal destas tres obras está considerada a primeira ópera importante da Historia?
A.
O "Orfeo" de Claudio Monteverdi
B.
"Dafne", de Rinuccini e Peri
C.
"Euridice", de Peri
6. 
O "Orfeo" de Monteverdi supera en calidade ás dúas óperas anteriores (Dafne e Eurídice) porque...
A.
a música instrumental aporta moita forza dramática: non é un mero acompañamento para as voces
B.
as dúas óperas anteriores perdéronse e non podemos analizalas en detalle
C.
os efectos especiais nos decorados e a vestimenta dos actores son sorprendentes
7. 
Outro dos grandes avances na música atribuídos a Monteverdi foi...
A.
A invención da música de cámara
B.
A moderna clasificación das voces humanas
C.
A creación da orquestra, nun principio, para acompañamento nas óperas
8. 
Para chamar a atención do público, acadar o silencio e poder representar a ópera, Monteverdi creou...
A.
A cantata
B.
O preludio
C.
A obertura
9. 
Que é unha aria?
A.
Parte cantada para solista con expresiva melodía e lucimento vocal
B.
parte orquestral, a modo de interludio, entre dúas pezas cantadas
C.
parte máis declamada que cantada, como se o protagonista estivese a pensar en voz alta
10. 
Escoita o fragmento que che propoño a continuación, extraído do "Orfeo" de Monteverdi, con que momento do mito se corresponde?
A.
Orfeo coñece a Euridice
B.
Orfeo lamenta a perda de Euridice
C.
Orfeo saca dos avernos a Euridice
D.
Orfeo mata por accidente á súa amada
11. 
Escoita o fragmento seguinte e elixe a resposta correcta
A.
Euridice ten que deixar temporalmente ao seu amado para implorar a Proserpina e a Plutón permiso para saír do Hades
B.
Orfeo fracasa nun primeiro intento de devolver a Euridice ao mundo dos vivos. Deberá tentalo de novo.
C.
Orfeo incumple a encomenda de Plutón e perde para sempre a Euridice, mentres o deus dos avernos amoéstao con dureza
12. 
E para rematar, elixe a secuencia correcta das etapas da Hª da Música que che propoño
A.
Renacemento - Barroco - Clasicismo
B.
Romanticismo - Clasicismo - Barroco
C.
Idade Media - Barroco - Romanticismo